CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A tradicional procesión de San Antón abre cinco días de festas en Fontei (A Rúa)

O programa estenderase ata o domingo 17 de xuño coa cea popular programada para o venres día 15

Na mañá do 13 de xuño, unha tirada de bombas de palenque anunciaban na Rúa o comezo do día de San Antón, unha data marcada no calendario festivo rues que este ano abre o programa que se estenderá ata o domingo día 17.

O acto principal da xornada tiña lugar ás 12:30h. A esa hora a imaxe de San Antón, seguida por un grupo de mulleres levando as tradicionais roscas casamenteiras, saía da igrexa parroquial de Fontei acompañada polos sacerdotes e unha multitude de devotos. E tralo tradicional percorrido polas rúas, amenizado pola Charanga Nova Terras de Trives, a comitiva regresaba á igrexa onde tiña lugar a eucaristía cantada polo coro parroquial e a bendición das roscas que máis tarde se poñían á venda na praza. Pola tarde, a orquestra Tango actuará en sesión de tarde e verbena.

 

As tradicionais roscas casamenteiras son levadas polas mulleres durante a procesión.

A festa continuará mañá ás 21h. co espectáculo a cargo do grupo Kien lo Diría, renovada agrupación musical creada polos fundadores dos grupos Chaston e Garibaldi. O venres a música correrá por conta da discoteca móbil Stuu, que pinchará pola tarde e de madrugada, e o sábado 16 de xuño celebrarase a X cea popular a partires das 22h. con baile na praza amenizado polo grupo D’Líder.

O broche ao programa, o domingo 17 de xuño, poráo de novo a música. A orquestra Solara actuará en sesión vermú e tamén pola tarde-noite a partires das 21:30h. e unha hora e media antes (20h.) serán os membros de Abertal os que se suba ao escenario par tocar e bailar ao son da música tradicional.

 

Botando pétalos de flores ao paso da procesión en Fontei.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button