CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A través da lusofonía coa música de Narf, no Barco

Fran Pérez (Narf) actuaba ao carón do río Sil no marco do programa cultural “De Perto”

Dende os versos galegos de Rosalía ata os mozambiqueños de José Craveirinha. Dunha beira a outra do Atlántico. Pola senda da lusofonía viaxaban os temas que Fran Pérez (Narf) interpretaba, acompañado pola súa guitarra, no concerto que daba no Barco na noite do 11 de xullo.

No seu repertorio movíase tamén entre os ritmos suaves dunha nana e a intensidade eléctrica do rock. Neste último caso facíao, por exemplo, en temas como o composto por el mesmo para a tradición da “Queima do Xudas” en terras portuguesas.

Non faltaban tampouco ás referencias a cantautores como o brasileño Caetano Veloso, pasando polo “Lonley people” de Paul McCartney, ata “A morte saiu á rúa” do portugués Zeca Afonso. Con esta cancióin que pechaba un concerto, alongado polos continuos bises solicitados polo público e aos que o artista respondía con novas pezas.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button