DeportesÚltima hora

A trivesa Ruth Medina, campioa de Cataluña de “body fitness”

O Concello de Trives felicitouna polos seus logros en culturismo e "ser exemplo de esforzo e superación"

 

A carreira deportiva da trivesa Ruth Medina non para de medrar. Hai tan só 5 anos que comezou a practicar body fitness e vén de proclamarse campioa de Cataluña e cuarta no campionato de España celebrado en Ávila neste mes de novembro.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, e os concelleiros Fermín Santoveña e José Luis Vidal Fernández recibírona na Casa Consistorial para felicitala polos seus logros deportivos, entregarlle unha cesta con produtos típicos da terra e desexarlle moitos éxitos na súa prometedora carreira deportiva.

Ruth Medina, enfermeira de profesión que reside en Barcelona, é todo un exemplo de esforzo e superación nun deporte no que participa a nivel nacional e internacional, levando o nome de Trives en cada unha das competicións.

Artigos relacionados

Back to top button