
Pode que no sexan moi coñecidos a nivel nacional, pero dez campos de fútbol da categoría preferente veñen de vivir unha das súas noites máis especiais, un deles Os Carrís, no concello ourensán de Barbadás.
A eliminatoria previa da Copa do Rei chegaba a estes campos de fútbol o mércores 19 de outubro para debuxar dez encontros emocionantes, parellos e especiais cuxo resultado determinaría o nome dos clubs que se enfrentarán a un Primera División. Un premio sen igual que prometía ser unha festa total tanto nas bancadas coma no céspede.

E así era. Especialmente para a UD Barbadás que celebraba por todo alto o seu pase para a primeira ronda da Copa tras vencer ao Atlético de Lugones nun gran partido dos azulóns por 2 goles a 1.
O sorteo da próxima eliminatoria celebrarase o luns 24 de octubre a partir das 12:30 horas con retransmisión en directo vía streaming a través das canles oficiais da RFEF.
Fotos: UD Barbadás.
