Segundo partido e segunda derrota consecutiva para a UD Ourense neste peculiar tempada en terceira división. Os rapaces de Fernando Currás comezaban a liga cunha derrota 1-0 no campo do Alondras e só unha semana máis tarde volvían perder, desta volta en casa pero tamén pola mínima contra o Arousa.
Cun aforo moi imitado e as pertinentes medidas de seguridade, ás cindo da tarde deste domingo 25 de outubro, comezaba o partido da segunda xornada no campo do Couto entre ourensáns e pontevedreses. Un partido sen grandes xogadas que se resolvía co 0-1 favorable aos visitantes, máis agresivos e centrados no encontro, que anotaban no minuto 12 da man de Vives.
Na vindeira fin de semana, abrindo o mes de novemnro, os ourensáns volverán xogar en casa, desta volta contra o CD Barco que leva unha vitoria e un empate na tempada, no que será o primeiro dos tres derbis provinciais que disputarán esta tempada.
Fotos: Carlos G. Hervella.