En portadaÚltima horaVídeos

A UME desinfecta o Hospital de Valdeorras, entre outros centros sanitarios e residenciais da provincia

Publicidade

 

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) está a realizar neste sábado 28 de marzo traballos de desinfección en centros sanitarios e residenciais de persoas da provincia de Ourense, nos que se concentran persoas que forman parte de colectivos de especial risco, segundo informa o dubdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. Entre eles está o Hospital Comarcal de Valdeorras, no Barco, onde a desinfección se realizaba durante esta tarde.

 

Camións da UME circulando polo centro do Barco.

 

Así durante toda a xornada, os efectivos da UME desprazados polo Ministerio de Defensa á provincia (dentro da Operación Balmis da loita contra o coronavirus) fixeron labores de desinfección en centros residenciais de persoas maiores nos concellos de Ourense e Pereiro de Aguiar, así como nas contornas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e do Hospital de Piñor, puntos considerados especialmente sensibles.

Fotos: As tres primeiras son de Carlos G. Hervella, o resto son cedidas.

Vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button