OurenseÚltima hora

A UNED e a Deputación de Ourense únense para potenciar o proxecto EmprendOU

O convenio asinado axudará á promoción dos cidadáns que participan na iniciativa, emprendendo dende os concellos máis rurais da provincia

 

A Deputación Provincial de Ourense e a UNED veñen de asinar un convenio de colaboración como “mecanismo coordinador na concreción de actuacións para cooperar no fomento do proxecto Emprendou, da institución provincial. Rubricaron o documento, o reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.

Dende o goberno provincial desenvólvense accións de fomento e apoio ao emprendemento co proxecto, especialmente en zonas rurais como “instrumento de creación de oportunidades profesionais e económicas con resultados positivos dada a creación dun centenar de proxectos distribuídos en toda a provincia aos que se desexa continuar apoiando para a súa consolidación e crecemento, así como para fomentar a creación de novas iniciativas”. Por parte da UNED, a través do seu Vicerreitorado de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica, do seu Centro Asociado en Ourense e do resto do claustro de investigadores e estrutura de xestión, ten entre os seus obxectivos prioritarios “propiciar a educación superior, a investigación científica e a transferencia do coñecemento relacionados co emprendemento en colaboración con outras institucións que contribúan a un mellor aproveitamento do seu potencial”.

O obxecto deste convenio é consolidar proxectos con xornadas técnicas e de promoción, con accións de desenvolvemento por sectores de actividade e tamén crear novos proxectos de base científica e tecnolóxica. Desde a UNED achégase actividades académicas conxuntas, relatoras e apoio na comunicación. Por parte da Deputación de Ourense programarase e convocará actividades, establecerase a planificación do proxecto con distintas iniciativas e establecer os acordos necesarios con outras entidades colaboradoras.

Artigos relacionados

Back to top button