ConcellosDeportesÚltima hora

A V Andaina de Manzaneda, o 1 de xuño

Esta ruta, que nesta edición oferta dúas distancias diferentes, terá como punto de partida e meta a vila
Saída da pasada edición da Andaina de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella
Saída da pasada edición da Andaina de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella

Estase a organizar a quinta edición da Andaina de Manzaneda. A ruta está programada para o vindeiro 1 de xuño e, nesta edición, os participantes poderán escoller entre dúas distancias: unha de 9 km e outra de 14 km. En ambos casos o punto de partida será o Patio da Escola da vila de Manzaneda e a saída será ás 9:30h.

A partir de aí, seguirase polo Camiño Real de San Lázaro dirección a Sobrado, tomando logo pola Retorta e polo camiño dos soutos da Encomenda, que vai dirección a Acevoso e ao Cazapedo.

Dende aí pasarase ata o Castiñeiro de Pombariños para, de seguido, subir pola pista da Chaira das Lamas, onde haberá que coller á esquerda o desvío para Cimadevila e Escourido. “En Escourido pódese volver para Cimadevila, baixar a San Martiño e volver así ao punto de inicio, este sería o tramo de 9 km”, explican dende a organización, en mans do Concello de Manzaneda.

No caso de que se queira completar o traxecto de 14 km, en Escourido haberá que proseguir polo camiño das Lamas ata A Corredoira, logo por Seoane e polo camiño das Regadas e chegar ao Poboado e polo Pendón ata acadar o punto de inicio da andaina.
Aínda así será un percorrido algo máis curto que na pasada edición, na que o trazado levaba aos camiñantes dende a vila ata o Regato Os Abreiros, nun treito duns 18,6 km.

Como na pasada edición, as persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición online no seguinte enlace: https://www.avaibooksports.com/inscripcion/manzaneda/1374. O prezo da inscrición será de 6 euros. Esta quinta edición da andaina será organizada polo Concello, que contará co apoio de Protección Civil de Manzaneda en cuestións de seguridade. Para máis información pode consultarse a páxina www.concellodemanzaneda.es

Texto: Ángeles Rodríguez
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button