DeportesÚltima hora

A V Carreira e Andaina contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín roza os mil inscritos

Publicidade

 

Veñen de pecharse as inscricióins para a V Carreira e Andaina contra o Cancro de Páncreas que se celebrará o vindeiro 27 de novembro en Vilamartín de Valdeorras. En total hai 966 persoas rexistradas para a proba presencial do domingo, tal e como vén de informar a organización do evento.

O prezo das inscricións é de 10€ para os adultos nas modalidades carreira e andainas e 5€ para os nenos menores de 16 anos na modalidade de andaina. O importe íntegro das inscricións de acordo á filosofía da Carreiras das Cidades será doado á Asociación ACANPAN (Asociación Cancro de Páncreas) para destinalo ao financiamento das bolsas Carmen Delgado/Miguel Pérez-Mateo convocadas con periodicidade anual por ACAPAN e AESPANC para o desenvolvemento de estudos relacionados coa investigación no diagnóstico e no tratamento do adenocarcinoma de páncreas.

O sábado 26 de novembro farase entrega dos dorsais e o domingo 27 de novembro a partir das 8:30 h poderán facerse as inscricións de última hora no pavillón Polideportivo de Vilamartín (Zona recreativa de O Bañadoiro).

O dorsal 0 continúa dispoñible a través de www.carreirasgalegas.com

Artigos relacionados

Back to top button