SanidadeÚltima hora

A vacinación contra o Covid dos menores de 16 anos comezará a próxima semana

Esta semana comezarán a mandarse as mensaxes de citación aos mozos, segundo anunciaba o conselleiro de Sanidade

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou está mañá en rolda de prensa o comezo da vacinación a vindeira semana, do grupo de idade con idades comprendidas entre os 14 e o 16 anos.
Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que esta mesma semana se comezarán a enviar as mensaxes de citación aos mozos e mozas galegas desta franxa de idade.

Na rolda de prensa posterior á xuntanza do comité clínico, o responsable de Sanidade subliñou que a situación epidemiolóxica de Galicia “é estable e con tendencia descendente”, de acordo á baixa rexistrada nos datos de incidencia acumulada en todas as áreas sanitarias galegas. Con todo, convidou á poboación a “non baixar a garda, nin confiarse” pois “o virus segue activo e contaxiando”.

Sobre o proceso de vacinación, García Comesaña indicaba que a Xunta de Galicia leva administradas xa un total de 3.802.444 dosis, coas que 1.859.569 de galegos xa contan coa pauta completa e, 259.341 persoas xa teñen a primeira dose.

Neste sentido, apuntou que na presentes semana a Xunta de Galicia continúa a vacinar con primeiras doses a persoas maiores de 20 anos, así como a realizar repescas entre a poboación maior de 40 anos. Sobre este último grupo, salientou que as persoas que así o desexen poderán solicitar a súa cita de vacinación a través do teléfono 981 215 930. Ademais, avanzou que tamén levará a cabo a vacinación de embarazadas e persoas en situación de risco de exclusión social.

Artigos relacionados

Back to top button