DeportesÚltima hora

A valdeorresa Belén García, bronce nos 400 valos no Campionato de España Sub20

A atleta Belén García, tras unha competición anterior./ Foto: Adas.

 

Medalla valdeorresa nos LXVIII Campeonato de España Sub20, que se desenvolvían na fin de semana do 3 e 4 de xullo en Monzón. A barquense Belén García Arias, do Club Adas, facíase co bronce na disciplina dos 400 metros valos. Tras acceder á final, conseguía un terceiro posto cunha marca de 1:02.5.

Así mesmo, nesta cita española destaba o sétimo posto de Adriana Reguera, tamén do Adas, no lanzamento de martelo, cun rexistro de 41.9.

Ademais houbo outrass dúas medallas de ouro, neste caso obtidas por Juan Jiménez e Irene Gómez, adestrados polo barquense Carlos Revuelta, que desta maneira confirmaban o dominio absoluto do martelo na devandita categoría.

Os dous, que xa dispoñían das marcas mínimas para o próximo campionato europeo a disputar en Tallin, Estonia, dominaron con gran superioridade as súas probas, referendando o gran labor que o seu adestrador e tamén atleta, Carlos Revuelta, vén desenvolvendo á fronte do sector na Blume madrileña.

Artigos relacionados

Back to top button