Da man de Eva Arias Aira comezan a chegar as medallas a Valdeorras no campionato do mundo máster que se vén desenvolvendo en Málaga dende o 4 de setembro.
A atleta de San Miguel de Outeiro (Vilamartín) facíase o 8 de setembro co ouro na final da proba dos 2.000 m obstáculos W35 cun rexistro de 6:51.32 (récord galego da categoría máster e tamén récord galego absoluto na proba). Nesta carreira o podio estaba copado polas españolas.