DeportesÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, entre as atletas absolutas da Milla do Barco 2023

 

A atleta Inés Docampo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

É un dos referentes deportivos das Festas do Cristo do Barco e reúne en cada edición a multitude de atletas de todas as categorías: dende meninos de meses ata veteranos. A XXXV Milla Urbana do Barco converterá o Paseo do Malecón do Barco nun circuíto de atletismo a partir das 18h. do vindeiro 17 de setembro. Será unha auténtica festa do atletismo que congrega a centos de participantes e tamén a numeroso público.

As inscricións para participar neste evento deportivo, organizado polo Concello do Barco coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e co Club Adas Cupa; xa están abertas en https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxv-milla-urbana-festas-do-cristo/VomrYdl2 , se ben tamén poderán realizarse ese mesmo día nas proximidades do circuíto.

Especialmente agardadas serán as carreira absolutas, a partir das 19:55h. Desta volta os primeiros en correr serán os participantes na categoría masculina, onde o Adas terá representación. Despois, ás 20:30h. será a absoluta feminina, onde a representante valdeorresa será Inés Docampo (Adas Cupa), á que tamén se lle dedica o cartel desta edición da Milla.

Máis información sobre a Milla e as Festas do Cristo 2023 no “Especial Cristo” en papel do Periódico O SIL.

O Sil pon na rúa o seu “Especial Cristo 2023”, con motivo das festas do Barco

 

 

Artigos relacionados

Back to top button