
Moi preto do podio quedaba a atleta valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Club Adas Cupa do Barco), nos Campionatos de España sub23 que se desenvolvían a pasada fin de semana na localidade catalana de Tarragona.
Así a barquense clasificábase en quinta posición nunha carreira dos 1.500 m de gran nivel, cun rexistro de 4:28.03. En cuarta posición nesa mesma proba quedaba a súa compañeira no Adas, María Cedrón, cun rexistro de 4:26.02. Ademais, Sara López, tamén deste mesmo club quedaba sexta nos 5.000 m.