DeportesÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil, bronce en lonxitude no Campionato de España de atletismo

Ademais o barquense Carlos Revuelta era quinto na proba de martelo

Os atletas valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta./ Foto cedida.

 

Como broche a unha excelente tempada, a saltadora de lonxitude Leticia Gil, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), vén de subirse novamente ao podio absoluto no Campionato de España de atletismo ao aire libre, que se está a celebrar nesta fin de semana en La Nucía (Alacante).

A valdeorresa, que viste as cores de Alcampo Scorpio, conseguía o bronce cun salto de 6.03 metros, moi preto dos 6.09 m da segunda clasificada, Cora Salas. A vencedora da proba era Fátima Diame, cunha marca de 6.48 m.

Pola súa banda, o barquense Carlos Revuelta (A.D. Marathon) lograba tamén unha destacada actuación neste campionato ao situarse quinto no lanzamento de martelo, cunha marca de 60.81.

Artigos relacionados

Back to top button