EconomíaEconomíaÚltima hora

A valdeorresa Lorena Guitián lévase o Premio L’Oreal á Mellor Modelo nesta edición da Pasarela Cibeles

Entrega dos Premios L’Oreal.

 

En pleno Entroido, do 15 ao 19 de febreiro, Ifema acollía unha nova edición da Mercedes Benz Fashion Week Madrid (Pasarela Cilbeles), que contou unha vez máis coa valdeorresa Lorena Guitián no equipo de modelos.

 

Lorena Guitián cun modelo de Isabel Sanchís.
Lorena Guitián con outro modelo de Isabel Sanchís.

 

A vilamartinesa, natural de Córgomo, que debutaba no mundo das pasarelas hai apenas tres anos, é xa unha incondicional da cita madrileña, desfilando entre outros para Custo Barcelona, Isabel Sanchís, Pedro del Hierro e Roberto Torretta.

 

Lorena Guitián cun modelo de Custo Barcelona.
Lorena Guitián cun modelo de Pedro del Hierro.

 

Nesta 77ª edición ademais, Lorena era unha das protagonistas dos premios L’Oreal Paris que recoñecen o traballo que hai detrás de cada prenda, cada look e o talento de todos os equipos, impulsando deste xeito á industria da moda e a beleza. O de Mejor Colección foi para Isabel Sanchis e o de Mellor Modelo para Lorena Guitián.

 

Lorena Guitián cun modelo de Roberto Torretta.
Lorena Guitián con outro modelo de Roberto Torretta.

Fotos: MBFW.

Artigos relacionados

Back to top button