OurenseÚltima hora

A valdeorresa María Neira, directora de Saúde Pública da OMS, recibirá mañá o Premio Ourensanía

Publicidade
María Neira, de orixe valdeorresa.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregará mañá en Oviedo o Premio Ourensanía 2020 á doutora de orixe valdeorresa María Neira, directora do Departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS).

O acto celebrarase no centro cultural de Praza Trascorrales da capital ovetense e corresponde ao galardón que lle foi concedido á doutora Neira en 2020 e que por motivo da pandemia tivo que ser posposto.

O xurado do premio, que adoptou a súa decisión por unanimidade, destacou o gran labor que a doutora Neira está a desenvolver en ámbito divulgativo e de concienciación sobre a pandemia do COVID-19 desde a sede central en Xenebra. O acto será retransmitido por streaming a través da páxina web da Deputación de Ourense a partir das 14:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button