PolíticaÚltima hora

Luis Menor pide “contundencia” aos populares para garantir que Valdeorras sexa “unha terra conectada e de oportunidades económicas e sociais”

María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda e deputada provincial, e Juan Anta, alcalde da Veiga, coordinarán a acción política do PP en Valdeorras

 

O presidente da xestora provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, presidía esta tarde no Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras) a segunda das reunións comarcais iniciadas polo PP ourensán, no marco dun novo sistema de organización que ten como principais obxectivos mobilizar o partido por toda provincia e reforzar a condición de formación política con maior presenza na provincia. “A primeira foi en Celanova e hoxe quixemos organizar este segundo encontro en Valdeorras, tamén traballando a pé de territorio”, dicía Menor.

Nesta xuntanza dábanse cita alcaldes, portavoces e concelleiros de Carballeda de Valdeorras,  O Barco, O Bolo, Larouco, Petín, A Rúa, A Veiga e Vilamartín, ademais de representantes populares no Congreso e no Senado, no goberno galego, Parlamento de Galicia, Deputación de Ourense e afiliados, así como membros da organización xuvenil Novas Xeracións.

Acompañado pola secretaria da xestora, Sandra Quintas, Luis Menor comunicaba á asemblea comarcal os nomes das persoas que se encargarán de coordinar a acción política do PP en Valdeorras: María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda e deputada provincial, e Juan Anta, alcalde da Veiga.

 

 

Luis Menor pedía “contundencia” aos populares ourensáns para conseguir que Valdeorras sexa “unha terra conectada e de oportunidades económicas e sociais”, afirmando que para conseguir ese obxectivo “é imprescindible a participación dun goberno galego colaborador, como o que temos hoxe co presidente Alfonso Rueda, ao que temos que garantir a súa primeira maioría absoluta”. Ademais o presidente provincial avogou por un PP que deixe pegada en todos os concellos de Valdeorras, “unha comarca na que temos que crecer para seguir apuntalando unha provincia popular”.

Ante os cargos institucionais e afiliados, Luis Menor pediu alcanzar todos os recunchos de Valdeorras para trasladar o traballo de reivindicación que fan os representantes ourensáns en Santiago e Madrid, esixindo que se remate co “notable déficit de comunicacións” que sofre a comarca tanto en materia ferroviaria como en estradas, aludindo expresamente ao abandono da A-76, o sistemático retraso na circunvalación do Barco, a carencia de mantemento da N-120 ou os retrasos, avarías e escasas frecuencias de tren.

Na segunda das reunións comarcais do PP de Ourense Luis Menor lembrou que con este sistema de funcionamento quere implicar a todos os representantes populares nas doce comarcas “nun proxecto político ambicioso” que ten como prioridades á provincia e, por extensión, a Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button