DeportesFútbol salaÚltima hora

A valdeorresa Vera Rodríguez xogará coa selección galega o Campionato de España Sub14 de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala

Celebrarase en Cádiz do 5 ao 9 de marzo

 

Despois dunha moi boa tempada no Ourense Ontime a recompensa para a valdeorresa Vera Rodríguez González chegaba por parte da seleccionadora galega María Pérez contando con ela para a disputa do campionato de España Sub14 de Seleccións Autonómicas que se celebrará en Cádiz a partir do 5 de marzo durante toda a semana.

Tal como explican os seus pais, Vera acode con moita ilusión xa que está a ter un ano moi frutífero. “No que vai de tempada tanto na liga galega como na liga provincial sénior é a máxima goleadora, atesourando 48 goles no que vai de tempada”, din. Unha cifra que reflicte o “alto rendemento de Vera”.

 

 

Despois deste últimos tres meses adestrando semanalmente tanto no seu club como coa selección galega acudindo a Curtis, a selección terá dous últimos adestramentos antes de partir o día 3 cara a Cádiz. Alí, comezarán a disputar a fase previa de grupos situados no grupo B: o mércores 5 de marzo enfrontarase a Melilla; o xoves 6 de marzo a Canarias; e o venres 7 de marzo a Illas Baleares, sendo as semifinais sábado día 8 e a gran final domingo día 9 onde “esperemos que a nosa Selección Galega de Fútbol Sala Feminino Sub14 sexa a campioa”, asegura o pai de Vera destacando unha vez máis “o gran esforzo e tenacidade” da súa filla na loita día a día para poder estar ao máximo nivel.

A convocatoria é para ela “un gran premio á súa traxectoria no fútbol sala feminino, e sobre todo ser unha valdeorresa representando o futsal galego”.

 

Artigos relacionados

Back to top button