CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A veciñanza da Veiga desprega na vila un novo “Nadal enxebre”

 

Lavandeiras camiño do río cargando a roupa na cabeza ou lavando, nenos nunha clase ou labores de corta e serraxe de madeira, zapateiros… Son algunhas das escenas que, xunto co tradicional pesebre, se recrean no xigantesco belén que se estende ao longo da vila da Veiga.

 

 

Dende minúsculas figuriñas talladas, pasando por unha serie de animais dos montes de Trevinca (como os corzos ou os ourizos cacheiros) e dos seus cauces (como as ras) ata outros domésticos (como cabalos, coellos e pitas). Dende este sábado 18 de decembro as rúas da Veiga e das súas inmediacións veñen de envolverse da maxia do “Nadal enxebre”, unha iniciativa obra dos veciños e que se leva a cabo por terceiro ano consecutivo, tras a excelente acollida de edicións anteriores.

 

 

Neste xigantesco nacemento ao aire libre, con multitude de detalles para admirar, a madeira acompáñase, tanto nas figuras como na decoración, con multitude elementos vexetais, cordas, teas… e mesmo ovos.

Fotos: Ares Pérez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button