ConcellosÚltima horaVilamartín

A veciñanza de Baxeles (Vilamartín) pide unha solución tras 2 anos sen poder comunicarse por teléfono

Explican que non contan con fibra para poder dispor de teléfono fixo e que nos móbiles non hai cobertura

Imaxe dunha das rúas de Baxeles (Vilamartín)./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Facer unha simple chamada de teléfono dende a casa resulta imposible en Baxeles (Vilamartín de Valdeorras). Coa supresión do cobre pola fibra, quedáronse sen teléfonos fixos, “xa que aquí non colocaron a fibra”, e no caso dos móbiles non teñen cobertura e para poder comunicarse teñen que saír á estrada. Esta situación estana vivindo os veciños dende hai dous anos e, pese aos contactos coas compañías e tamén co Concello, aseguran que seguen “incomunicados”.

“Hai xente maior que vive na localidade e que non ten teléfono, nin fixo xa que non funciona ao non ter fibra, nin móbil porque non dispoñen de cobertura entón o que pedimos é que nos dean unha solución”, di unha veciña, “hai persoas que xa deron de baixa o teléfono porque danche solucións de poñer un router, no que, se tes wifi, podes facer chamadas por whastapp pero se te chama un médico non lle vas dicir que o faga por whastapp, nin tampouco podes pedir cita no Centro de Saúde, por exemplo”.

Os veciños explican que xa presentaron varios escritos sobre este tema no Concello de Vilamartín, durante o verán tamén se lle presentaron sinaturas de Baxeles solicitando unha solución, sen que ata o de agora cambiara nada. “É todo xente maior e se tes que chamar a ambulancia, ¿que saes a medio quilómetro a chamar por teléfono?”, sinalan.

O que tampouco entende a veciñanza é por que pasou o cableado da fibra por Baxeles, “pero aquí non deixaron unha caixa para conectar a fibra. En San Vicente hai fibra e nas Gralleiras e en Córgomo, tamén. E para chegar a San Vicente hai que pasar por Baxeles”. Por iso piden que se lles escoite e que se busque unha solución a esta situación.

Escrito do Concello ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

Dende o Concello o seu alcalde, Enrique Álvarez, explica apoian as demanda das veciñanza e que xa se presentou un escrito ante o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital pedindo que se lles dea unha solución a esta problemática. “Debemos considerar que a poboación de Baxeles é moi envellecida e non conta conservizos de transporte, atención médica e tendas ou supermercados preto e o núcleomáis próximo que conta con ditos servizos está a 6 quilómetros, distancia considerablepara persoas maiores que non contan con medio de transporte propio”, di o escrito remitido polo Concello de Vilamartín.

“Polo tanto”, prosegue o texto asinado polo rexedor, “síntense totalmente aillados e desprotexidos ante as necesidades actuais deatención médica (debemos ter en conta que a día de hoxe moitas das consultas e citasson vía telefónica), indicar que algúns veciños perderon citas médicas ao non poder oSergas contactar telefónicamente con eles, de transporte (non poden chamar a un taxi),de servizos terciarios (non poden contactar coas tendas para realizar pedidos)”.

Por iso, esta administración local insta ao Ministerio “a que se considere urxentemente esta situación e se tomen asmedidas oportunas para solventala e os veciños e veciñas de Baxeles poidan exercerparte dos seus dereitos básicos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button