Apenas catro días despois do desfile de comparsas e folións organizado polo Concello e que remataba na Festa da Soá, A Veiga pechaba definitivamente o Entroido coa xuntanza de fulións.
Organizada pola Asociación Cultural O Son de Trevinca-Fulión da Veiga, o encontro reunía na tarde deste sábado 25 de febreiro a un bo número de folións que percorrían a vía central da vila, dende a zona escolar ata a praza do Concello.
Entre os participantes, á parte do anfitrión, o Fulión da Veiga que abría o desfile, estaban os fulións de Buxán, Os Labregos, As Maceiras, Bembibre, Fradelo, Petín, O Tameirón, Mormentelos, Piñeiro, Penouta e Ramilo e Manzaneda e Carracedo da Serra.
Fotos: José Abuín.