EconomíaEconomíaÚltima hora

A Veiga, unha das sedes do 26º Coloquio sobre sustentabilidade rural da Unión Xeográfica Internacional

Este encontro, con participantes de 26 países, vén de inaugurarse neste luns e continuará ata o 21 de xullo
Vista panorámica do Macizo de Trevinca,/ Foto: Carlos G. Hervella.

“Sistemas rurais infinitos nun planeta finito: tender pontes cara á sustentabilidade” é o título do 26º Coloquio Anual da Comisión sobre a Sustentabilidade de Sistemas Rurais da Unión Xeográfica Internacional que vén de inaugurarse na mañá do 16 de xullo en Santiago e que se desenvolverá ata o 21 de xullo con actividades no concello ourensán da Veiga e tamén na comarca lucense da Ulloa.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, participaba ena aperta deste encontro internacional no Paraninfo da USC, que nesta edición busca tender pontes entre as diversas posturas expresadas nos debates académicos sobre redes agroalimentarias, actividades rurais, ou os usos del solo, entre outros aspectos. Nel participan expertos de 26 países diferentes como Xapón, Australia, China, Portugal, Alemaña ou Vietnam, entre outros.

Na inauguración interviñeron, ademais do titular de Educación, o vicerreitor de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; o presidente do Comité organizador, Valerià Paül; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; o Co-presidente da Comisión de Xeografía Rural da Unión Xeográfica Internacional, Serge Schmitz; a Co-presidenta da Comisión de Xeografía Rural da Unión Xeográfica Internacional, Holy Barcus; e o director do departamento de Xeografía da USC, Rubén Lois González.

No caso da Veiga, neste municipio haberá ponencias pero o programa tamén incluirá unha visita ao Centro de Transformación de Mel de Prada, a unha explotación forestal na aldea de Meixide, a vivendas rehabilitadas e ao centro de venda de produtos locais. “Finalmente realizarán unha posta en común de ideas que se poderían levar a cabo no territorio veigués”, segundo se adianta dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button