
















































































A sexta edición da Festa Coveira de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) tivo un éxito total coa venda de todas as entradas (un total de 1 000), tanto anticipadas como en taquilla, ata o punto de que houbo xente que se quedou sen ela.

A festa comezou ás 19:30 horas e prolongouse ata altas horas da madrugada. O toque musical puxérono Os Bertolini de Manzaneda e varios DJs. Así, os asistentes desfrutaron desta combinación de viño, gastronomía, música, festa e ata unha procesión moi movida, onde o protagonista foi Don Godellín.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos en: https://osil.info/festa-coveira-de-arcos-vilamartin-de-valdeorras-centos-de-horas-de-traballo-detras/
https://osil.info/comeza-a-vi-festa-coveira-de-arcos-vilamartin/
https://osil.info/o-tempo-respecta-na-vi-festa-coveira-de-arcos-vilamartin-de-valdeorras/