Neste sábado 13 de xullo Arcos enchíase de viño, gastronomía, música e festa a pesar da tormentas. Había 1000 entradas de aforo e superaronse as expectativas, xa que se venderon todas, tanto as anticipadas como as reservadas para a taquilla.
O tempo ao final respetou e a partir das 19:30 horas as dez covas abrían as súas portas para o desfrute dos asistentes. Os viños brancos e tintos e mais os diferentes pinchos triunfaron nesta tarde-noite. Os pinchos ían dende empanada ou embutidos ata máis elaborados como brochetas de melón con xamón, ensalada de pasta,etc. Ademais, á parte dos pinchos en cada adega, había un posto de panceta á grella no medio da festa.

O toque musical no recinto coveiro puxérono a charanga Os Bertolini, de Manzaneda e dous DJs, na cova do Juan e na praciña do lado da cova do Bautista.
A procesión de Don Godellín poñía fin á festa na zona das covas entorno ás 23:00 horas e a multitude de asistentes dirixíase ás proximidades do arroio para seguir desfrutando ata altas horas da madrugada cun DJ.
Texto e fotos da galería: Alba Prada.
Máis información e fotos:
https://osil.info/comeza-a-vi-festa-coveira-de-arcos-vilamartin/
https://osil.info/a-vi-festa-coveira-de-arcos-resulta-un-exito-e-esgota-as-entradas/