ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A VII Guerra das Fontes dará comezo á fin de semana da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras

Terá lugar o vindeiro venres día 2 de agosto ás 17:30 horas, na Praza José Luis Núñez

A VII Guerra das Fontes abrirá as actividades previstas para a fin de semana da vixésimo terceira edición da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras. Así, esta actividade será gratuíta e terá lugar o vindeiro venres día 2 de agosto ás 17:30 horas, na Praza José Luis Núñez.

Cativos e maiores daranlle a benvida á Festa das Covas cunha guerra onde o obxectivo é que todo o mundo acabe empapado, estado que se agradecerá polas altas temperaturas que se prevén. Así, estará permitida calquera cousa que molle: pistolas de auga, caldeiros… Ademais, contarase cun tractor cheo de auga e unha motobomba dos bombeiros para abastecer de auga aos participantes, e con inchables para os máis pequenos.

Dende a organización recordan levar calzado seguro e sobre todo ganas de mollarse.

Texto: Alba Prada

Fotos: cedidas pola organización da Festa das Covas

Artigos relacionados

Back to top button