Vén de rematarse o novo mural de Quiroga que, por encargo da Asociación Quiroga en Marcha, realizouse no lateral dunha fachada na praza España. O novo mural é dos artistas Alba Fabre e Jokin Oregi “Sor2”.
Estes dous artistas acostuman decantarse pola figuración e nesta ocasión a súa pintura é ademais realista, coa finalidade de “plasmar unha imaxe que representara unha escena cotiá que de sensación de amabilidade e calidez”. Como destacaron ademais os autores, as cores foron escollidas para harmonizar co entorno.
Esta nova parada dentro da ruta de arte urbano “Quiroga no ar” contou coa financiación da Deputación Provincial e unha axuda do Quiroga Trail Challenge.