
Correndo, e con moi bos resultados, despedía o 2020 a atleta Eva Arias Aira, natural de San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras) e que viste coas cores da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Neste 31 de decembro tomaba a saída na carreira internacional da Cursa dels Nassos, en Barcelona, na distancia de 5 km.
Conseguía situarse no posto 16 da clasificación feminina, nunha carreira cun elevado nivel. Ademais, a valdeorresa facíase nesta proba co récord galego M40 de 5 km en ruta, cun rexistro de 17’40”, “19” mellor que o que fixen na Carreira San Silvestre do Masnou, o 26 de decembro”, destaca a atleta.