DeportesÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias, primeira en M40 na “Ibiza Cursa Patrimoni”

 

Nova cita coa competición da valdeorresa Eva Arias Aira, que viste as cores da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. O sábado 4 de decembro era convidada a correr na  “Ibiza Cursa Patrimoni”, unha carreira en ruta de 10 km, que pasa pola zona vella desta cidade. “Caracterízase pola súa dureza pero, sobre todo, polo encanto que conleva correr polas rúas dunha cidade Patrimonio da Humanidade”, comenta a atleta natural de San Miguel de Outeiro.

Na clasificación xeral a corredora lograba situarse en sétima posición, pero vencía na súa categoría, a M40.

 

 

“Persoalmente, estou satisfeita por baixar de novo de 40 min nun 10 km, aínda que as sensacións boas en carreira esta vez non acompañaron despois de vir de varias fins de semana seguidas competindo”, confesa Eva Arias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button