DeportesÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias, subcampioa do XIII Cross Cidade de Ávila

Publicidade

 

Despois de case cinco meses parada por unha lesión e de catro semanas de pretempada, a valdeorresa Eva Arias Aira voltaba á competición, logrando ademais podio. Así esta atleta natural de San Miguel de Outeiro, que viste as cores da Sociedade Ximnástica de Pontevecra, tomaba a saída este 24 de outubro no XIII Cross Cidade de Ávila “Memorial José Soriano”.

Nesta carreira, cunha distancia de 5 km, Eva Arias proclamábase subcampioa, cunha marca de 0:19:11. A vilamartinesa tan só era superada por Verónica Sánchez (Vino de Toro), que completaba o circuíto cun tempo de 0:18:30.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button