En portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A Virxe e o Resucitado encóntranse na praza do Príncipe do Barco neste Domingo de Pascua

 

Os cultos da Semana Santa do Barco veñen de finalizar no mediodía deste Domingo de Pascua coa tradicional procesión do Encontro entre a Virxe e o Resucitado, que, por vez primeira ,tiña lugar na praza Príncipe da vila, seguida da misa de Resurrección.

A celebración iniciábase ás 12h. coa saída da imaxe da Virxe enloitada da igrexa de Santa Rita para iniciar unha procesión que enfiaba pola rúa España para, deseguido, continuar por Eloi Rodríguez Barrios e a rúa da Valorca ata regresar á praza do Príncipe, onde, nas escalinatas que dan acceso á igrexa, agardaba a figura do Resucitado. Nese momento, producíase o encontro entre ambos e a Virxe mudaba o seu manto de loito por un branco.

A partir de aí, as imaxes eran levadas ata o interior do templo de Santa Rita, onde se oficiaba a misa da Resurrección do Señor.

No decurso da procesión a Policía Local do Barco encargábase de regular o tráfico.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button