EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A visita do xurado do I Concurso de Maridaxe, broche das XX Xornadas Gastronómicas do Barco

Os cinco membros do xurado percorrerán os oito establecementos participantes no certame a partires das 13h. do 9 de marco
Brancos de Valdeorras, acompañando a un prato./ Foto: Carlos G. Hervella.

O xurado designado para decidir aos ganadores do I Concurso de Maridaxe e valorar as propostas ofrecidas
durante as XX Xornadas Gastronómicas do Entroido do Barco (que comezaban o 28 de febreiro) visitará o 9 de marzo os oito establecementos participantes no certame con seguintes horarios, segundo a organización:

De 13:00 h a 13:25 h. – Pazo do Castro
De 13:35 h a 14:00 h. – Casa Galaica
De 14:05 h a 14:30 h. – Cociña do Lar
De 14:35 h a 15:00 h. – Cafetería Restaurante
De 20:00 h. a 20:25 h. – Il Piacere
De 20:35 h. a 21:00 h. – Chanfainas
De 21:10 h. a 21:35 h. – Piquiño
De 21:40 h. a 22:05 h. – La Querida

Este xurado está formado por: Mercedes González (sumiller, Gxerente Asesoría Gastronómica MEmbajadora, cirectora Técnica revista “Vinos y Cultura” e presidenta de “Vitislucus”), María Bueno Seguín (xornalista de “Galicia en Vinos”), Carmen Fernández (Representante para Galicia da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño), Jesús Rodriguez Carreiras (IES Sanxillao) e José Luis Casas Vallés (sumiller e membro do Comité de Cata do CRDO Valdeorras). Cada un deles degustarán o primeiro prato do menú co viño proposto polo restaurante para maridar.

Os dous restaurantes que resulten galardoados no certame de maridaxe con branto e tinto da D.O. recibirán un trofeo, un diploma e unha caixa do viño ganador da maridaxe. Tamén o público poderá votar á mellor maridaxe e entre os que o fagan haberá sorteos.

Este I Concurso de Maridaxe está organizado por AEVA e pola Asociación Centro Comercial Aberto O Barco en colaboración co CRDO Valdeorras, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras e o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button