En portadaÚltima horaVídeos

A Volta Ciclista Feminina, ao seu paso por Valdeorras

Esta ronda poñíase en marcha esta mañá dende a Estación de Montaña de Manzaneda

 

Dende a montaña ourensá, e máis en concreto dende a comarca das Terras de Trives, poñíase en marcha a Volta España Feminina 2021. Rozando as 11h. comezaba a primeira etapa desta carreira na Estación de Montaña de Manzaneda, que, tras pasar por Pobra de Trives, Larouco, Freixido (de Arriba e de Abaixo), e Petín, chegaba de seguido, á Rúa, onde eran recibidas por numero público que animando ás corredoras ao longo da vía central da vila. O pelotón continuaba pola N-120 cara Vilamartín entrando, a continuación no Barco.

Na vila barquense cortábase por completo a “general” estrada que cruza a vila entre as 11:35 horas e as 12:15 horas na travesía central. As ciclistas eran recibidas entre aplausos pola xente que as esperaba nas beirarrúas.

 

O pelotón pasando pola Rúa.

 

Logo esta ronda ciclista feminina enfiaba cara Santigoso, o Alto da Portela, Prada, Meda, etc. ata chegar o Alto Covelo, onde tomará dirección, novamente, cara A Rúa, onde está previsto que sexa o final de etapa arredor das 14h.

Nesta proba, que se disputará do 2 ao 5 de setembro, participa un impresionante elenco de corredoras. Entre elas, atópase a campioa do mundo Anna van der Breggen (3ª da clasificación mundial UCI), que participará por primeira vez na CERATIZIT Challenge by A Volta. Outras das corredoras que ocupan as primeiras posicións do raking mundial UCI están tamén en Galicia: Annemiek van Vleuten (1ª), Elisa Longo Borghini (2ª), Lisa Brennauer (7ª), gañadora das dúas últimas edicións en Madrid), Marlen Reusser (10 °), Katarzyna Niewiadoma (11ª)…

Máis fotos:

https://osil.info/gran-expectacion-e-ambiente-na-rua-meta-da-primeira-etapa-da-volta-a-espana-feminina/

https://osil.info/a-volta-ciclista-feminina-no-barco-en-imaxes/

 

 

 

 

 

 

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Mónica G. Bellver
Vídeos: A.R. e cedidos

Artigos relacionados

Back to top button