A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Gran expectación e ambiente na Rúa, meta da primeira etapa da Volta a España Feminina

https://osil.info/a-volta-ciclista-feminina-ao-seu-paso-por-valdeorras/

Trinta anos despois das  últimas edicións do Gran Premio Cuprosan que reunía na Rúa aos mellores ciclistas do momento (anos 80 e 90), esta vila valdeorresa revivía hoxe e emoción dunha proba ciclista de elite, desta volta feminina.

Na mañá deste xoves, 2 de setembro, pasadas as dez da mañá arrancaba na Estación de Montaña Manzaneda a Ceratizing Challenge by La Vuelta 2021, ou o que é o mesmo, a Volta Ciclista a España femininina, con 143 corredoras de 24 clubs de diferentes partes do mundo en carreira.

E tal como se viña anunciando dende hai meses, nesta primeira etapa da ronda (en total son catro), a comarca de Valdeorras e moi especialmente A Rúa, eran as grandes protagonistas. Ante de coller rumbo a terras da Veiga, en torno ás 11:25 da mañá o pelotón facía unha primeira pasada polo centro da Rúa (rúa Progreso, Campogrande e San Roque), onde eran recibido por numeroso público que aplaudía o esforzo das corredoras.

O acalde da Rúa Álvaro Fernández, o presidente da Deputación, Manuel Baltar e Avelino García na meta.

 

Con todo, o momento álxido da carreira tiña lugar preto das dúas da tarde cando a líder da carreira, Marlen Reusser, cruzaba a liña de meta, seguida con máis de dez segundos de diferencia polo resto.

Tal como explicaron dende a organización, a proba foi retransmitida a 170 países polo que supón unha boa promoción da Rúa, de Valdeorras e das Terras de Trives.

Á parte do deportivo, foi un día de festa na Rúa e como tal, estivo amenizado musicalmente pola charanga NBA.

Máis información e fotos no seguinte enlace

 

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button