Galerías de fotosÚltima hora

A Volta Ecolóxica da Rúa Vella celebra o 35 aniversario

Máis de cen ciclistas participaron nesta cita lúdico-reivindicativa en plenas festas de San Roque

A chuvia estivo a piques de estragala pero, finalmente, máis dun cento de valentes ciclistas participaban nunha das edicións máis importantes da Volta Ecolóxica da Rúa Vella. Nin máis nin menos que 35 anos celebraba esta cita lúdico-reivindicativa na tarde do 22 de agosto, en plenas festas de San Roque.

Pasadas as sete da tarde e coas nubes ameazantes, as numerosas comparsas tomaban a saída na praza César Conti cun percorrido que as levaría ata o campo de San Roque.

Entre os disfraces deste ano, destacaron coma sempre as alusións ao medio ambiente, neste caso centradas na tala de árbores da Reza. Tamén houbo mimos, guerreiros galácticos e personaxes de moda como “Los Minions”, sen esquecer o apartado musical que correu por conta da charanga Terras do Bibei.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button