CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A voz de Paula Pier pecha o XII Ciclo De Perto no Chao, O Barco

 

Uns días máis tarde do previsto xa que foi aprazado pola previsión de tormenta, na noite do venres 2 de agosto baixaba o pano o XII Ciclo De Perto, no Barco de Valdeorras.

A encargada de poñer o ramo a esta variada e completa edición era a cantante Paula Pier que actuaba diante dun numeroso público nos xardíns do Chao.

 

 

Pier chegaba ao Barco como unha das cantantes revelacións desta edición e non defraudou con Eu, fraude! un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Nel recitou, bailou, contou e cantou as súas dores, alegrías, luces e sombras, como un verdadeiro “canto á vida. Cancións e textos de composición propia que impulsan, en forma de viaxe emocional, á liberación das caretas autoimpostas pola sociedade.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button