CulturaCulturaÚltima hora

A webserie ourensá “Os tempos mortos do Führer” preséntase no FIC Vía XIV de Verín

Un dos momentos da presentación da webserie./ Foto: FIC.

 

No marco das actividades paralelas do VI Festival Internacional Curtas (FIC) Vía XIV de Verín vén de presentarse a webserie “Os tempos mortos do Führer”, un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo teaser foi filmado no Retiro do Conde, en Vilaza (Monterrei). A webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba a Hitler nos seus ratos libres máis íntimos.

Ao longo de dez capítulos de cinco minutos cada un, a webserie amosa a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimientos cun tono de comedia e satírico.
A webserie conta, ademais, coa presenza da xornalista de Verín, Esther Estévez, ben coñecida polo público por ser a presentadora do espazo da TVG, “Dígocho eu”.

 

 

O proxecto foi creado por unha serie de mozos e mozas do Ciclo de Produción Audiovisual e Espectáculos do CIFP A Farixa. Javier Santana, Uxía Ferreira, Elisa Lima e Gemma Martínez realizaron un brainstorming para unha das materias do ciclo, que foi o xerme deste produto audiovisual.

Para todos eles, con idades comprendidas entre os 20 e os 22 anos, trátase do seu primeiro proxecto. Tal e como salienta Javier Santana, “para nós presentar este proxecto en Verín é unha oportunidade”. “Consideramos que fixemos un produto con calidade e esa é a nosa carta de presentación”, abonda. “Nel investimos moitas horas de esforzo e traballo”, remata.

Artigos relacionados

Back to top button