OurenseÚltima hora

A X edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” arrancará o 3 abril no Vinteún

Logo do parón ocasionado pola pandemia esta actividade constará de seis carreira ao longo de todo o ano

Presentación do circuíto de carreiras por Ourense.

 

Seis as carreiras (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira), incluídas no calendario da Federación Galega de Atletismo e controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense), conforman o circuíto de carreiras “Correndo por Ourense 2022” que era presentado na mañá deste mércores 16 de marzo por parte do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Na presentacón, o alcalde destacou que “é unha marabilla despois do parón da pandemia volver ter esta actividade”, lembrando que “temos en Ourense a carreira pedestre máis antiga e emblemática, que é a San Martiño, e esta se completa con este circuíto de 6 carreiras nos diferentes barrios”. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes destacou o impulso do Concello á organización e colaboración en 15 probas de carreiras e “trains”, ao longo de todo o ano. A maiores destas 6 de Correndo por Ourense, a San Martiño, a San Silvestre, a carreira nocturna deste sábado 15km, ou a Carreira da Muller do pasado domingo, entre outras, en definitiva, “eventos que mobilizarán a 20.000 persoas e cos que se volve retomar o bo ritmo de carreiras que encherán as rúas da cidade”.

 

 

As inscricións (para atletas das categorías sub20, sub23, sénior e máster) ten un custo de 7 euros e pódese realizar xa na páxina web carreirasgalegas.com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Para as demais categorías, a inscrición é gratuíta. A recadación da proba terá un fin solidario, que se anunciará proximamente.

No que atinxe aos corredores, poderán participar desde nenos nados en 2015 ata atletas da categoría máster. En cada unha das seis probas haberá carreiras de Pitufos; sub10 e sub12; sub14 e sub16; e resto de categorías. Todas comezarán ás 11 horas agás as 2 nocturnas, a do Couto (28 de maio) e Centro (11 de xuño), que arrincarán ás 22h.

 

Artigos relacionados

Back to top button