Neste evento deportivo, promovido polo Club Kickboxing Valdeorras e polo berciano Mamba-K-1 Club, contábase cunha destacada representación local de púxiles
O pavillón vello do Concello do Barco convertíase en ring na tarde e noite do 14 de abril. Nesta instalación deportiva desenvolvíase a X Velada de Boxeo amateur desta localidade, promovida polo Club Kickboxing Valdeorras e polo berciano Mamba-K-1 Club. Nesta cita non faltaba unha destacada representación local de púxiles, entre eles José Manuel Tato Núñez (Gallegas) e Felipe Morales, ambos adestrados por Juan J. Pardo.
Na velada tamén participaban loitadores de clubs doutras zonas de Galicia, así como de Castela e León. Nesta galería de imaxes poden verse diversos momentos desta velada que concluía co acto de entrega de premios.
Fotos: Carlos G. Hervella.