CulturaCulturaÚltima hora

“A xerga do Entrudio de Viana do Bolo”, no XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

O investigador vianés Pedro Basalo impartirá unha conferencia arredor deste tema neste foro que se desenvolve do 21 ao 24 de setembro

Os personaxes da “Comparsa” durante a representación o pasado Entroido en Caldesiños (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os contidos que se abordarán no XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que se desenvolve do 21 ao 24 de setembro en Varsovia (Polonia) baixo o título “Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos”, estará a tradición do “Entrudio” de Viana do Bolo. O investigador Pedro Basalo Bembibre impartirá nese foro, de forma online, a charla “A xerga do Entrudio de Viana do Bolo”.

 

O investigador vianés Pedro Basalo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O acceso é libre para o público e pódese asistir usando Zoom e premendo no enlace correspondente que aparece no programa http://aieg.gal/index.php/varsovia-2021/programa-do-congreso/

Programa AIEG Varsovia 2022-1

Artigos relacionados

Back to top button