EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XIII Feira do Viño de Monterrei supera as expectativas con máis de 25.000 degustacións

Celebrábase do 10 ao 12 de agosto na Alameda de Verín coa participación de 16 adegas amparadas por esta denominación de orixe
Público degustando viños nunha das casetas desta feira en Verín./ Foto: A.R.

Cun claro incremento no número de degustacións e de visitantes pechaba as súas portas na noite do 12 de agosto a XIII Feira do Viño de Monterrei na Alameda de Verín. Un ano máis, superaba as expectativas. “Nesta ocasión superáronse as 25.000 degustacións vendidas nos tres días de feira, o que significa un 25% máis que na edición do 2017, “o que supón un éxito rotundo de participación, degustacións e visitantes”, destaca a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva. Ademais resalta que esta feira é “unha iniciativa completamente consolidada e un referente nos foros vitivinícolas galegos”.

Ao longo de tres xornadas, do 10 ao 12 de agosto, tanto o apartado gastronómico da mostra como as actividades culturais e musicais paralelas constituíron un complemento clave para esta celebración vitivinícola, na que participaron 16 adegas inscritas en la denominación: Abeledos, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer (Boo Rivero), Daniel Fernández, Franco Basalo, Gargalo, Ladairo, Tapias Mariñán (Pazo Blanco Núñez), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Quinta Soutullo (Fausto Rivero), Terras do Cigarrón, Trasdovento, Triay, Valderello e Vía Arxéntea.

Lara Da Silva vén de amosar tamén o seu agradecemento a todas as adegas participantes pola súa implicación, así como ás entidades colaboradoras, “xa que sen o seu apoio, non se tería cumprido o obxectivo de atraer ata Verín a milleiros de visitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button