CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A xira do 40 aniversario de Milladoiro recalará no Barco

Serán un total de 11 concertos en diferentes puntos de Galicia ata fin de ano, tal e como anunciaba a banda esta mañá na presentación da mesma

Imaxe da última actuación do grupo Milladoiro no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O mítico grupo Milladoiro celebrará o seu 40 aniversario cunha xira moi especial. Presentábaa nun acto celebrado esta mañá na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, coa presenza do conselleiro de Cultura e do secretario xeral de Política lingüística, Valentín García. Esta xira contará con actuacións en concellos como O Barco de Valdeorras, Mos, Santiago de Compostela, O Pino, A Estrada, Ames, Tui, Monforte de Lemos, Portas, Vilanova de Arousa e Sobrado dos Monxes. Os concertos comezarán neste mesmo mes e continuarán ata finais de ano.

Román Rodríguez explicou que se trata “dunha merecido homenaxe a unha banda histórica como Milladoiro”. A este respecto quixo salientar que foi unha banda “pioneira en case todos os sentidos”, ao ser un dos primeiros grupos “que apostaron decididamente pola música galega nun momento complexo como foi a Transición”, así como unha das primeiras bandas “que levou por todo o mundo a nosa cultura e a nosa identidade. Podemos dicir que Milladoiro foron e seguen sendo uns verdadeiros embaixadores da música galega en todo o mundo”, destacou.

 

Presentación da xira dos 40 anos do grupo Milladoiro.

 

Así mesmo, o titular da Consellería de Cultura poñía en valor a vinculación deste grupo coa iconografía xacobea e co Camiño de Santiago, elementos presentes na súa extensa discografía; así como o labor de incorporación á súa música de influencias da música irlandesa e do mundo celta. En definitiva, catro décadas de traballo “nas que souberon reinventarse e nas que serviron como inspiración a outros moitos artistas”, dixo.

Artigos relacionados

Back to top button