
O Club BTT Verín organiza, en colaboración co Concello, a XIV Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 26 de maio. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 40 Km. (dificultade media) e 60 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes de Verín e comarca. A saída terá lugar as 9 horas dende a praza Maior de Verín, coa chegada prevista na mesma praza.
Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscripción na páxina de Sportmaniacs e sexan maiores de idade e os menores de 16 anos ou que os cumpran o largo do presente ano e adxunten autorización de pai, nai ou titor.
Máis información e inscricións en www.sportmaniacs.com.