EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XL Feira do Viño de Amandi, que cambia de datas, reunirá a 25 adegas en Sober

Nesta ocasión a mostra, que acostumaba celebrarse na fin de semana do Domingo de Ramos, pasa aos días 18 e 19 de abril

Asistentes á pasada edición da Feira do Viño do Amandi en Sober (Lugo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

O Concello de Sober (Lugo) e os 25 adegueiros (da Denominación de Orixe Ribeira Sacra) preinscritos neste evento veñen de acordar “por unanimidade cambiar a XL Feira do Viño de Amandi para a fin de semana do 18 e o 19 de abril. A decisión baséase na coincidencia coas eleccións autonómicas, un feito que ocorre por vez primeira nos 40 anos de celebración da feira”, segundo se informa dende o Concello de Sober.

Mes do Amandi e cartel

O resto de actividades previstas mantén o seu calendario. O Mes do Amandi e a presentación do cartel anunciador da Feira serán o día 21 de marzo, sábado, no miradoiro dos Chelos, en Amandi. O prazo para a presentación de orixinais para o concurso de carteis remata o 15 deste mes de febreiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button