EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A xornada inaugural da VIII Baco Festa da Rúa, en imaxes

 

Co acompañamento dunha representación da asociación de recreación histórica romana LVDVS BERGIDVM FLAVIVM (Cacabelos), as autoridades (membros da corporación municipal da Rúa e Petín, e deputados provinciais, entre outros) así como dunha boa morea de veciños ataviados para a ocasión chegaban na tardiña do venres 11 de agosto ata o recinto feiral, no Aguillón, para inaugurar a VIII Baco Festa coa que renden culto ao deus romana ao tempo que exaltan os viños da vila. Facíano coa lectura do pregón por parte do rues Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia e un brindis cun godello da Rúa.

 

As alcaldesas da Rúa e Petín, María G. Albert e Raquel Bautista.

 

Comezaba así unha nova edición da festa enogastronómica na que durante as tardes e noites da fin de semana se poderan degustar viños dunha decena de adegas (sobre todo da Rúa pero tamén do Barco e Vilamartín).

Aínda que no momento da inauguración non estaban, tamén se esperaba contar cunha representación da da COHORS III LUCESIUM de Lugo.

 

 

O partado musical da xornada inaugural corría por conta da banda Cherry&Ladies. Hoxe actuará a banda hispano-británica Soul Tellers; e mañá Os Bregadiers (swing, jazz e rock&roll) e Latexo (percusión).

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/na-rua-somos-moito-de-festa-e-tamen-sabemos-presumir-de-bos-vinos/

Artigos relacionados

Back to top button