EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta analizará vías de colaboración coa Asociación Olivarnoia para a modernización da súa almazara

Esta cooperación permitiría facilitar a reforma e ampliación das instalacións para fomentar o uso destas instalacións por parte da veciñanza

 

Ata as instalacións da Asociación Olivarnoia na Arnoia, que conta cunha almazara -un tipo de muíño deseñado especialmente para triturar sementes oleosas-, desprazábase esta mañá o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e polo alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio.

“A Axencia estuda unha posible colaboración con esta entidade para facilitar unha reforma, ampliación e modernización que permita potenciar o uso destas instalacións por parte dos veciños, contribuíndo así á dinamización deste entorno rural”, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Neste senso, durante a visita o conselleiro do Medio Rural en funcións puxo de relevo o traballo desenvolvido no marco desta iniciativa, pola súa contribución á posta en valor do territorio e ao fomento e recuperación de terras en estado de abandono ou infrautilización, que é á súa vez un dos principais obxectivos e compromisos da Axencia. A maiores, tamén se impartirán xornadas didácticas nos centros educativos da zona.

José González tamén destacou que a promoción destes proxectos impulsan á cohesión do medio rural, xerando emprego, favorecendo a economía, a remuda xeracional e fixando poboación nas contornas e zonas rurais.

Artigos relacionados

Back to top button