ConcellosO BarcoÚltima hora

A Xunta autoriza o cambio de titularidade a prol do Concello do Barco do treito inicial da estrada OU-622, na avenida do Bierzo

Co cambio de titularidade, o Concello terá a competencia para actuar nesta avenida e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento

 

Na reunión celebrada neste xoves o Consello da Xunta autorizaba o cambio de titularidade a prol do Concello do Barco de Valdeorras do treito inicial da estrada OU-622, coincidente coa avenida do Bierzo.

En concreto, transfírese o treito desta vía autonómica, de algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude, comprendido entre a avenida Manuel Quiroga e o entronque coa rúa San Francisco Blanco, xunto co seu dominio público viario. O cambio de titularidade inclúe tamén as obras de paso viarias existentes sobre o ferrocarril e sobre o río Cigüeño, excluíndose a superficie dos cruces a distinto nivel situada baixo elas.

“Esta transferencia autorízase logo de rematar a Xunta o pasado ano as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade nesta vía autonómica, cun investimento autonómico de 780.000 euros. A actuación desenvolveuse entre os puntos quilométricos 0 e o 0+655 da estrada autonómica, o tramo da vía cun carácter máis urbano, para reforzar a seguridade e facer máis humana a travesía e máis accesible a súa contorna”, segundo a Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button