Dende a Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras vén de emitirse unha nota de prensa en resposta ao comunicado emitido onte pola xerencia da Area Sanitaria de Ourense Verín e Barco de Valdeorras na que negaba que houbese recortes en servizos, persoal e orzamentos na sanidade de Valdeorras”. A Xunta de Persoal do distrito valdeorrés asegura que a xerencia da Área Sanitaria e a dirección do Distrito de Valdeorras “confunden, terxiversan e ocultan información”.
Ademais a Xunta de Persoal formula unha serie de preguntas dirixidas á xerencia da área sanitaria: “Decídesnos que non hai recortes de servizos ni persoal, entón onde están os traumas e cirurxiáns que faltan? Onde está o cardiólogo e o urólogo e a dermatóloga e o médico de admisións do HCV? Sabedes que mentides e sabedes que non son só eses os que faltan. Onde están os servizos clínicos que desapareceron? Por que vos negades sistematicamente a entregarnos os cadros de persoal do Hospital de Valdeorras pese a térvolos pedido dende as organizacións sindicas e Xunta de Persoal múltiples veces?”.
Así mesmo, con respecto a que o cambio de área santaria de Valdeorras a Distrito non modifica en a capacidade asistencial da zona, a Xunta de Persoal responde que isto “é falso, só baste ver o que son e eran as funcións dunha xerencia de área e o que son as funcións dunha directora de distrito”.
Ademais, a Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras convida ao xerente da Área sanitaria ourensá a vir a Valdeorras “a debater en público, e coa prensa presente, sobre a realidade do Hospital de Valdeorras (..).. Vostede só diga dia e hora, nós buscamos lugar axeitado e convocamos á prensa”.
O comunicado íntegro pode consultarse aquí: