ConcellosÚltima hora

A Xunta solicita ao Estado a declaración de zona castrófica para O Barco, Rubiá e Carballeda

Na solicitude tamén figuran os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón, O Incio, Verín e Oímbra

Vista da ladeira esquerda do río Sil no Barco, tras o incendio de xullo./ Foto: A.R.

 

O Consello da Xunta celebrado este xoves vén de acordar solicitarlle ao Goberno central a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil nos concellos afectados polo lume do pasado xullo. Trátase dos municipios do Barco de Valdeorras, Rubiá, Carballeda de Valdeorras, Oímbra e Verín, na provincia de Ourense; así como nos de Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio no caso da provincia de Lugo.

Segundo a Xunta, “o obxectivo é que o Goberno central complementeo o seu sistema de axudas para paliar os danos causados polos lumes e atender ás situacións de necesidade e permitir unha pronta restauración da zona damnificada”

O presidente galego lembrou que a Xunta xa convocou nun tempo récord axudas que poden tramitarse a través dos distintos departamentos para que “poidan ser pagadas o antes posible, na busca da maior axilidade e a menor burocracia posible”.

Para que se activen as axudas do Goberno central é preciso que a Xunta faga a demanda de declaración de zona castastrófica.

Hai que lembrar que concellos como os do Barco, Rubiá e Folgoso do Courel xa aprobaban en sesións plenarias a solicitude desta mesma declaración a finais de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button