DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A XVI Carreira de Turrón enche de cor, deporte e festa o centro do Barco

 

Ataviados con diferentes motivos de Nadal, como gorros vermellos de Papá Noel ou gafas, pero tamén con disfraces acordes con esta temática; numerosas persoas de diferentes idades tomaban esta tarde a saída na XVI Carreira do Turrón do Barco.

Os primeiros en facelo eran os nenos, ás 19:30h. dende a Fonte da Ra e ata Andrés de Prada, que tras rematar recibían unha medalla. Media hora despois saían os maiores xa dende esta citada praza. Tras completar o percorrido (que podía ser dunha ou varias voltas, camiñando ou correndo), os participantes voltaban ao punto de partida.

 

 

A carreira obrigaba a cortar ao tráfico a estrada xeral do Barco, á altura das rúas Marcelino Suárez e Conde Fenosa, así como o Paseo do Malecón e parte de doutor Pérez Lista. Para velar pola seguridade contábase coa Policía Local do Barco, con voluntarios de Protección Civil do Barco e de Vilamartín, así con Ambulancias Sil.

A carreira, organizada polo Concello do Barco, finalizaba pouco antes das oito e media e logo dábase paso á chocolatada, á entrega de premios e ao sorteo de agasallos entre os participantes. Esta carreira tiña tamén un carácter solidario, con recollida de alimentos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

A Carreira infantil do Turrón do Barco, en fotos

 

Artigos relacionados

Back to top button